Torta glaseada de melón

Unha variación do típico queique de limón para despedir de vez o bo tempo. Este pastel saiu, como moitos outros, tentando aproveitar sobras. Tamén imitando eses queiques que eu sempre penso que son xaponeses, pero que seica son típicos en México. Este ten un parecido moi remoto, xa que eu non teño eses ingredientes na casa e tiven que simplificar bastante.

Igual que a semana pasada aproveitabamos as últimas ameixas, podedes facer o mesmo co melón, que ata novembro aínda sae ben bo.

Ingredientes:

200 gr. de melón

175 gr. de fariña

150 ml. de aceite de xirasol

50gr. de azucre

2 ovos

2 culleriñas de lévedo químico (tipo Royal)

Reladura dun limón/laranxa

Cobertura:

2 culleres de zume de limón/laranxa

2 culleres de leite condensado

Azucre glas (opcional)

  1. Prequentamos o forno a 170º
  2. Trituramos o melón co batedor (eu fíxeno co de pel de sapo, pero podedes usar o de cantalupo). Botámolo nun bol xunto cos ovos e o azucre e batemos.
  3. Engadimos o aceite, a reladura, seguimos batendo.
  4. Nun prato fondo, mesturamos a fariña co lévedo e ímolo engadindo aos poucos á masa do bol, sen deixar de bater…
  5. Engraxamos un molde, mertemos a masa e cocémola no forno durante 30-40 minutos. Para comprobar se está feito de todo, metemos un coitelo na masa e se sae seco, é que está listo.
  6. Deixamos enfriar un pouco. Nunha taza mesturamos o zume e o leite condensado e estendémolo enriba do pastel, tendo conta de que non rompa polas fisuras que lle puidesen sair na cocción. Antes de servir decorar co azucre glas.
pmelon1

Mmmhhhhhh

 

Comments

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *