Viaxe gastronómica por Cádiz

Este xaneiro fun coñecer a cidade de Cádiz unha semana e como é un sitio tan interesante (non só gastronómicamente, pero ímonos centrar nisto) decidín facer unha escolma das cousas que máis me chamaron a atención. Se queredes máis artigos coma este ou tendes calquera suxestión, deixádea nos comentarios ou no Twitter!

Comezamos co almorzo, xa que aquí tomeu os mellores churros da miña vida. Ao carón do mercado de abastos hai tres postos de churros que teñen un acordo cos bares da zona para que poidas mercar na rúa e tomar o café no bar.

Non sei se vos pasa, pero a min os churros repítenme moito, pero estes nada, e supoño que teñen que ver co aceite. A ración máis pequena costa un euro e son 150 gr. aproximadamente: parece moito, pero son moi lixeiros e pápanse de seguida. Hainos finiños, gordos e tamén venden tortillas de camaróns, un clásico gaditano feito a base de fariña, ovo, perixel e camaróns.

Para xantar recoméndovos moito moitísimo a casa de comidas Almanaque, lévano uns rapaces que están a recuperar receitas típicas da rexión. Ademáis do famoso atún de Barbate, teñen moitas cousas “de monte”, coma esta pasta curta (que levaron os comerciantes italianos, non lembro o nome) con níscalos ou o arroz con garavanzos, nabo e porco. Tan bo que so me decaitei de quitar a foto cando o acabara. A sobremesa foi unha milfollas de piñóns, deliciosa.

As “quisquillas” de aperitivo
Ensaladilla de gambas
Guiso de pasta con cogumelos
Follado con crema de piñóns

Para ir probar os viños e embutidos da zona hai un bar con moita sona que se chama casa Manteca. Está na zona onde se celebra o entroido e onde van os locais e turistas a pestiscar e comer nas terrazas. Teñen unha morea de viños, son só de Xerez, tamén tintos e brancos da zona que paga a pena probar. A decoración e moi típica, con cousas de touradas e xente famosa posando co dono do bar.

O pan da casa
Xamón de Huelva 🤤

De comida hai os famosos chicharrones, que son roxós pero en en rebadas moi finas, cun pouco de sal. Moi recomendable é a mojama, embutido de atún seco, e eu quedei con ganas de probas as anchoas en manteiga que levan de Cantabria, e o atún en unto (!), que seica é un petisco gaditano. Para os que queiran probar o peixe fritido, teñen un posto xusto enfrente, onde ofrecen cazón en adobo, luras, tortillas de camaróns, etc.

Para ir cear recoméndo o restaurante La Marmita, teñen un menú especial de atún, pero a min apetecíame probar otras cousas e fixen duplo de cocido: croquetas (eran as do día) e raviolis con berza gitana que eu pensaba que eran de verdura, pero eran de cocido, aquí ten ese nome. Estaban boísimos, e as sobremesas tamén, pero quedei sen batería así que non hai foto 🤷

Croquetas de carne de cocido
Raviolis

Os sitios onde comer ben son moitos e non quero que o artigo quede moi longo, pero gustaríame recomendan un bar en Puerto Real onde teñen un peixe e marisco fresquísimo, e unha parrillada de verduras para morrer de gusto. Chámase Sacrana e ten unha relación calidade prezo excelente:

Ostras con escuma de limón, lima e tabasco
Tartar de atún, tomate e manga

E vós, coñecedes Cádiz? Se tendes recomendacións, avisade, poque eu vou voltar seguro!

Bolas extra:

Cazón en adobo, fritido
No mercado de abastos, na parte de fóra
Atún, cuscús, ameixas e lagostinos, neste sitio a carón do mercado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *