Vieiras ao forno con xamón

Esta receita é un clásico na miña casa, e vén sendo unha mestura entre dúas receitas de vieiras do libro “Cocina gallega” de Álvaro Cunqueiro e Araceli Filgueira. Como podedes ver, non ten complicación ningunha, o máis difícil é lavar as vieiras, pero se as comprades conxeladas xa non fai falla.

Xa contaredes que tal vos sae!

Ingredientes (para 6 vieiras):

6 vieiras – frescas ou conxeladas

100 gr. de xamón en taquiños

100 ml. de aceite de oliva

1 cebola grande picada moi finiña

100 gr. de pan relado

Medio vaso de viño branco (opcional)

Sal

  1. Se as vieiras son frescas, abrímolas cun coitelo, despegándoas da cuncha plana e deixándoas na cóncava. Quitámoslle uns flecos que teñen e lavámolas cun chorro de auga fría. Escóase a auga e sazónanse con sal.
  2. Se son conxeladas, colocámolas nunhas cunchas, para decoraren. Isto é o que fixen eu.
  3. Quentamos o aceite nunha tixola e facemos un rustrido ca cebola e o xamón, a lume medio. Podemos engadir o viño branco neste paso, deixándoo cocer un chisco máis.
  4. Cubrir as vieiras co rustrido e bótarlle o pan relado por riba.
  5. Cocer no forno a 180º durante 15 minutos, ata que o pan comece a dourar.

Que aproveite!

vieiras1


Comments

  1. Bolboretas No Bandullo
    15/05/2014 - 22:27

    Mmmm… que ganas de vieiras! Na miña casa fanse de forma moi parecida, no rustrido engadimos a carne da vieira e facemos unha bechamel moi lixeira 🙂 🙂
    Unha aperta!

    • Nunca a probara con bechamel, heillo comentar á miña nai, a ver se o probamos pronto!

      Unha aperta para ti tamén!

Deixa unha resposta

Your email address will not be published / Required fields are marked *